miércoles, 25 de marzo de 2026

INSTRUCIÓNS E PRAZOS PARA A RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 1º DE BACHARELATO - CURSO 2025-2026

Estas instrucións teñen por obxecto establecer os prazos e concretar os aspectos do procedemento que cómpre seguir na revisión no centro e, de ser o caso, a reclamación ante a Dirección Territorial das cualificacións finais outorgadas no 1º curso de bacharelato.

PROCEDEMENTOS:

Revisión no centro

O procedemento de revisión no centro será o establecido nos artigos 39, 40 e 41 da Orde do 26 de maio de 2023.

A alumna ou o alumno ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización,funcionamento e convivencia do centro.

No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión de promoción, no prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte á comunicación da cualificación ou decisión. (Entrega de boletíns).

Reclamación ante a dirección territorial

O procedemento de reclamación ante a Xefatura Territorial será o establecido no artigo 43 da Orde do 26 de maio de 2023.

Se tras o procedemento de revisión no centro persiste o desacordo coa cualificación final dunha materia e/ou coa decisión sobre a promoción, o alumnado ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais poderán presentar por escrito unha reclamación ante a Dirección Territorial dirixida á dirección do centro.

As solicitudes sempre deberán estar motivadas e fundamentadas na programación didáctica, na normativa e/ou na concreción curricular.  

CALENDARIO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS NO 1º CURSO DE BACHARELATO:

Pódese acceder aos documentos completos nos seguintes enlaces:

Instrución 2/2026 pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/26.

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_2_2026_reclamacions_finais_sin.pdf

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación mesa etapa educativa. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230613/AnuncioG0655-290523-0004_gl.html

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.