martes, 20 de enero de 2026

RECURSO PARA A ORIENTACIÓN PROFESIONAL. OFERTA DE TÍTULOS 2025-2026

 

Na páxina web de formación profesional tedes a vosa disposición como recurso para a orientación mapas nos que se recolle a oferta de formación profesional en Galicia ordenada por familias profesionais e por provincias e concellos.

 Ofertas por familia profesionalOferta por provincia e concello

viernes, 16 de enero de 2026

FAMILIAS PROFESIONAIS E TITULOS DE FP DE GRAO MEDIO

A continuación tedes un cadro resumo das familias profesionais e a oferta de títulos de ciclos formativos de grao medio que se está a impartir actualmente.

 

No seguinte enlace accederás aos folletos informativos de cada familia profesional nos que atoparás sos distintos títulos de grao básico, medio e superior que a forman e  información concreta sobre cada un deles:

  • Duración.
  • Que se aprende a facer?
  • En que ámbitos se traballa?
  • Que ocupacións se desempeñan?
  • Título que se obtén.
  • Módulos profesionais que se imaprten no ciclo. 

martes, 13 de enero de 2026

HORARIO CONVOCATORIA ORDINARIA - PAU 2026

A CIUG publica as datas e horario no que se desenvolverán as PAU na convocatoria ordinaria 2026.
As datas de exame serán os días 2, 3 e 4 de Xuño.
O horario de realización das diferentes probas será o seguinte: