Mostrando entradas con la etiqueta PAU. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PAU. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de abril de 2026

ACCESO A ESTUDOS UNIVERSITARIOS DESDE UN CICLO SUPERIOR

As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.  

Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo) 

NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos. 

A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior. 

Tendo isto en conta recóllense a continuación as seguintes consideracións sobre o acceso aos estudos universitarios oficiais de Grao no SUG para este curso: 

Procedemento para mellorar a nota de admisión

martes, 13 de enero de 2026

HORARIO CONVOCATORIA ORDINARIA - PAU 2026

A CIUG publica as datas e horario no que se desenvolverán as PAU na convocatoria ordinaria 2026.
As datas de exame serán os días 2, 3 e 4 de Xuño.
O horario de realización das diferentes probas será o seguinte: 

miércoles, 10 de diciembre de 2025

NOTAS DE CORTE DOS TRES ÚLTIMOS ANOS

 A CIUG acaba de publicar as notas de corte das titulacións do SUG ao longo destes tres últimos cursos:

miércoles, 29 de octubre de 2025

NOTAS DE CORTE PARA O CURSO 25-26 DA USC POR COTAS DE RESERVA

No procedemento de acceso e admisión á universidade atopamos entre as prazas ofertadas para o primeiro curso das titulacións cotas de reserva para distintos colectivos. Do total de prazas, que para cada título e centro oferten as universidades públicas, deberán como mínimo, reservarse as seguintes porcentaxes:

COTA DE RESERVA PARA COLECTIVOS

Colectivo

Porcentaxe

Titulados Universitarios

1 %

Discapacitados (igual ou superior ao 33%)

5 %

Deportistas de alto nivel ou alto rendemento

3 % (Fisioterapia e CC. Actividade Física e do Deporte 8%)

Deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo (Decreto 165/2020)

2% CC. Actividade Física e do Deporte

Maiores de 25 anos

2 %

Maiores de 45 anos

2 %

 

 

 

 

 

 

 

martes, 21 de octubre de 2025

NOTAS DE ACCESO AO CURSO 2025-2026 NO SUG

A CIUG  fai públicas as notas de corte do acceso ás titulacións do SUG para este curso 2025-2026.

Pero...que son as notas de corte e de onde saen?... 

Na seguinte presentación tes unha breve explicación para comprender de onde saen as notas de corte e a continuación as notas para este curso 2025-2026

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A PAU

 Logo CiUG

No seguinte enlace tedes un listado de preguntas frecuentes publicadas pola CIUG que pode ser de utilidade para resolver dúbidas sobre a PAU: https://ciug.gal/gal/faq-pau

 

PROTOCOLO PAU 2026

Publicado o protocolo das PAU 2026. Nel recóllese información de interés sobre:

  • Normas de acceso ao centro e a aula e de permanencia na mesma,  
  • Indicacións para o desenvolvemento das probas,  
  • Material que se debe levar aos exames e 
  • Outras recomendacións.
 A continuación tedes un resumo do mesmo e podedes consultar o documento completo no seguinte enlace:
 

jueves, 2 de octubre de 2025

TABOA DE PONDERACIÓNS - COVOCATORIA PAU 2026

As seguintes taboas recollen os parámetros de ponderación aprobados para a Convocatoria das PAU 2026 para o acceso a estudos universitarios no curso 2026-2027.

MODELOS EXAME PAU 2026

Matrícula ABAU para el alumnado de Bachillerato 

No seguinte enlace podes consultar modelos de exames publicados en Galicia das probas PAU que se celebrarán neste ano 2026.

https://ciug.gal/gal/modelos-exame-pau-2026

E tamén podes consultar exames de anos anteriores:

Exames da convocatoria 2025: 

https://ciug.gal/gal/pau/exames-pau-2025 

Exames de cursos anteriores: 

https://ciug.gal/gal/pau/exames

CADRO RESUMO DA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE 2026 (PAU)

 Á espera de que saia publicada a Resolución pola que se ditan as instrucións sobre a realización da PAU neste curso 2025-2026, tedes a continuación tedes un cadro resumo da proba no que se recolle:

  • Materias obxecto de exame.
  • Cualificación das partes.
  • Superación das probas e nota de admisión.
 

lunes, 14 de octubre de 2024

COMO CALCULO A MIÑA NOTA DE ADMISIÓN

 Presentación da Universidade de Vigo na que se explica como se clacula a nota de acceso e admisión á universidade.

Accede no seguinte enlace:
https://tv.uvigo.es/video/5b5b4d168f42087c570abbd2

QUE SON OS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN?

 Video da Universidade de Vigo onde explica que son os parámetros de ponderación para calcular a nota de acceso á universidade na ABAU
Podes consultalo no seguinte enlace:

https://tv.uvigo.es/video/5b5b4d198f42087c570abbf1