martes, 12 de mayo de 2026

ESTUDOS DE FP NAS DISTINTAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

 Webs de FP de las CCAA 

A oferta educativa de Formación Profesional depende de cada Comunidade Autónoma. Cada territorio ten as competencias acerca de: 

• Os títulos de FP que se imparten. 

• As datas de inscrición e matrícula.

• O proceso de admisión de alumnado. 

No seguinte enlace poderás atopar información sobre estes aspectos nas distintas Comunidades:

https://todofp.es/como-cuando-y-donde-estudiar.html 

DECIDE O TEU ITINERARIO - DECIDE FP

 DecideFP é unha ferramenta sinxela que te axuda a explorar que estudos de Formación Profesional 

encaixan mellor contigo. 

Só tes que introducir a túa idade, o teu nivel de estudos e os teus intereses, e a aplicación mostrarache ciclos formativos recomendados e posibles itinerarios profesionais relacionados co teu perfil. Tamén conta cun test vocacional.

É un recurso útil se non tes claro que estudar ou se queres orientar a túa carreira cara a novas oportunidades de formación e emprego.

 

Se queres iniciar estudos de FP podes informarte nesta ligazón:

https://www.todofp.es/decidefp/datos-iniciales 

 

viernes, 8 de mayo de 2026

PERFÍS PROFESIONAIS DOS CICLOS FORMATIVOS

 Logotipo de TodoFP

Se che interesan varios ciclos formativos, coñece en que podes traballar estudando cada un deles. Aquí poderás atopar as ocupacións para as que capacita cada título de formación profesional organizado por familias profesionais.

https://todofp.es/orientacion-profesional/notengoclaroqueestudiar/perfiles-profesionales.html