martes, 21 de abril de 2026

ACCESO A ESTUDOS UNIVERSITARIOS DESDE UN CICLO SUPERIOR

As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.  

Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo) 

NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos. 

A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior. 

Tendo isto en conta recóllense a continuación as seguintes consideracións sobre o acceso aos estudos universitarios oficiais de Grao no SUG para este curso: 

Procedemento para mellorar a nota de admisión

martes, 14 de abril de 2026

CADERNO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

 No seguinte caderno atoparás unha recopilación de información que 
pode ser de axuda na toma de decisión do teu futuro académico:

  • Información sobre a etapa do bacharelato ( avaliación, materias do 2º curso...)
  • Proba de acceso á universidade.
  • A formación profesional de grao superior ( en que consiste a FP, oferta de títulos, proceso de admisión...)
  • Estudos universitarios ( oferta de estudos no SUG, notas de corte, procedemento de solicitude, admisión e matrícula...)

MODALIDADES E ITINERARIOS NO BACHARELATO - IES AS FONTIÑAS CURSO 2026-2027

A continuación tedes as modalidades e itinerarios educativos coa oferta de materias que se poden cursar nos dous cursos de Bacharelato no IES As Fontiñas no vindeiro ano académico 2026-2027: