Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2026

SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICA (SUG). OFERTA DE PRAZAS CURSO 2026-2027

Relación de titulacións con límite de prazas existentes nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para o curso 2026-2027, con indicación do código da titulación e do número de prazas existentes en cada unha delas para a Convocatoria Ordinaria.

 

Podes acceder ao listado na páxina da CIUG no seguinte enlace:

https://ciug.gal/uploads/PDF/2026/Acceso/6a280055e3158478036362oferta-titulacions-sug-curso-2026-2027.pdf

martes, 2 de junio de 2026

PRAZOS DE MATRÍCULA NO SUG - CURSO 2026-2027

Para cada chamamento establécense dous días de matrícula (desde as 00.00h do primeiro día ata as 23:59h do segundo día de acordo co seguinte calendario:

Podes consultar a convocatoria do procedemento na páxina da CIUG na seguinte ligazón:

https://ciug.gal/uploads/PDF/2026/Acceso/6a1d5ebe5468f491701522convocatoriapreinscricion2026.pdf 

 

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE O ACCESO Á UNIVERSIDADE

CIUG 

No seguinte enlace tedes un listado de preguntas frecuentes publicado pola CIUG que pode ser de utilidade para resolver dúbidas sobre acceso ás universidades no SUG: https://ciug.gal/faq-acceso

 

martes, 21 de abril de 2026

ACCESO A ESTUDOS UNIVERSITARIOS DESDE UN CICLO SUPERIOR

As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.  

Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo) 

NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos. 

A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior. 

Tendo isto en conta recóllense a continuación as seguintes consideracións sobre o acceso aos estudos universitarios oficiais de Grao no SUG para este curso: 

Procedemento para mellorar a nota de admisión

domingo, 30 de noviembre de 2025

Salón de Orientación Universitaria - UNITOUR 2025

UNITOUR 

UNITOUR é un Salón de Orientación Universitaria que se celebra en A Coruña.
Pódese acceder á mostra só ou en familia. 
O acceso é gratuíto pero todos os asistentes deben rexistrarse online.
Poderás acudir o martes 16 de decembro de 2025 no Palacio de Congresos PALEXCO no horario de 16:00 a 17:30h
Para reservar a túa praza accede a : https://www.unitour.es/inscripcion-online/la-coruna

   

miércoles, 29 de octubre de 2025

NOTAS DE CORTE PARA O CURSO 25-26 DA USC POR COTAS DE RESERVA

No procedemento de acceso e admisión á universidade atopamos entre as prazas ofertadas para o primeiro curso das titulacións cotas de reserva para distintos colectivos. Do total de prazas, que para cada título e centro oferten as universidades públicas, deberán como mínimo, reservarse as seguintes porcentaxes:

COTA DE RESERVA PARA COLECTIVOS

Colectivo

Porcentaxe

Titulados Universitarios

1 %

Discapacitados (igual ou superior ao 33%)

5 %

Deportistas de alto nivel ou alto rendemento

3 % (Fisioterapia e CC. Actividade Física e do Deporte 8%)

Deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo (Decreto 165/2020)

2% CC. Actividade Física e do Deporte

Maiores de 25 anos

2 %

Maiores de 45 anos

2 %

 

 

 

 

 

 

 

domingo, 13 de octubre de 2024

INFORMACIÓN SOBRE AS UNIVERSIDADES DO SUG

As universidades do SUG poñen a disposición dos futuros estudantes unha recopilación da información que pode ser de interés para facilitar a toma de decisión sobre os estudos a cursar e coñecer un pouco máis a universidade de elección e a súa oferta complementaria:

  • Información sobre a oferta formativa, videos sobre as titulacións que se imparten, 

  • Información sobre como acceder e matricularse, prezos, becas, aloxamento, transporte, comedores, oficina de información ao estudante….

  • Información doutros servizos ( actividades deportivas, actividades culturais…).

Podes acceder a toda esta información premendo na imaxe da universidade correspondente:

UDC Logo | LOGOS de MARCAS                  Inicio | Universidade de Santiago de Compostela                       Universidade de Vigo (UVigo) | OCUD