martes, 21 de abril de 2026

ACCESO A ESTUDOS UNIVERSITARIOS DESDE UN CICLO SUPERIOR

As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.  

Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo) 

NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos. 

A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior. 

Tendo isto en conta recóllense a continuación as seguintes consideracións sobre o acceso aos estudos universitarios oficiais de Grao no SUG para este curso: 

Procedemento para mellorar a nota de admisión

As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase voluntaria da proba de acceso á universidade (PAU). 

O alumnado poderá examinarse dun máximo de tres materias, distintas das que se examinou na Parte Obrigatoria, a elixir de entre as 27 materias seguintes: Historia de España, Historia da Filosofía, Debuxo Artístico II, Análise Musical II, Artes Escénicas II, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Ciencias Xerais, Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño II, Deseño, Fundamentos Artísticos, Técnicas de Expresión Gráfico-plástica, Coro e Técnica Vocal II, Historia da Música e da Danza, Literatura Dramática, Bioloxía, Debuxo Técnico II, Física, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, Química, Tecnoloxía e Enxeñaría II, Movementos Culturais e Artísticos, Empresa e Deseño de Modelos de Negocio, Xeografía, Grego II e Historia da Arte.

Tamén poderá examinarse de unha Segunda Lingua estranxeira .

-Cada unha das materias das que se examine o alumnado con carácter voluntario para os efectos de mellorar a súa nota de admisión cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos 

Cálculo da nota de admisión

A nota de admisión para aos estudos universitarios de grao calcularase mediante a seguinte fórmula. 

Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2 

NMC: Nota media do ciclo formativo, calculada segundo o procedemento indicado anteriormente.

M1 e M2: as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión. 

 a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. En xeral terán un valor de 0,10, pero as universidades poderán elevar ese valor ata 0,20 para os temarios que consideren máis idóneos para seguir con éxito as ensinanzas universitarias. 

A nota media expresarase con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

Os parámetros de ponderación pódense consultar no seguinte enlace:https://ciug.gal/uploads/PDF/2026/Acceso/ponderacions_2026.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.