miércoles, 25 de febrero de 2026

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2025-2026

 Publícanse as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional de grao medio entre outras.

Acreditación do alumnado de ciclo medio:

A obtención do título de ciclo medio acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

Podes consultar as áreas e competencias recollidas no Marco no seguinte enlace:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl/marco-galego/estrutura 

Acreditación por superar unha proba e obter unha titulación: 

Poderá acreditar o nivel intermedio o alumnado que supere unha proba específica da área de dominio 4 e obteña o Título de técnico no curso 2025-2026. Neste caso recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

O alumnado que non acredite de forma completa o nivel intermedio recibirá de oficio unha certificación do nivel de aptitude nas áreas de dominio superadas.

A continuación tedes un resumo do procedemento para participar na proba, desenvolvemento da mesma e material de consulta e demostración da proba:

Procedemento: 

-O alumnado solicitará a súa inscrición á proba (O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.)

-Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na proba con data límite o 16 de marzo, ás 23:59 horas.

No IES As Fontiñas deberás recoller, completar e entregar a túa solicitude na conserxería do centro ata o 13 de marzo.

Aplicación da proba específica:

A aplicación proba realizarase no centro ao longo do mes de abril de 2026.

A convocatoria de cada proba específica será única.

Información sobre a proba:

A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición desta área:

 

 

A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.

A proba específica considerarase superada ao responder correctamente, como mínimo, ao 60% das preguntas (8 preguntas).

Certificacións:

As certificacións ComDix estarán dispoñibles na Carpeta cidadá da sede electrónica da Xunta de Galicia de cada alumna ou alumno.

O alumnado recibirá a certificación ComDix a través da aplicación Abalar.

O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.

Podes acceder á convocatoria coa información sobre o procedemento no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11625

Podes realizar unha demo da proba para acreditar a área 4 no seguinte enlace:

https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/examen/110216/pregunta/1/popup 

Tamén tedes un recurso educativo sobre os contidos da área de domino 4 no seguinte enlace:

https://centros.edu.xunta.gal/rededeformacion/aulavirtual/pluginfile.php/9831/mod_resource/content/2/index.html 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.