Publícanse as instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario a etapa de bacharelato entre outras.
Acreditación do alumnado de bacharelato:
A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
Podes consultar as áreas e competencias recollidas no Marco no seguinte enlace:
https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl/marco-galego/estrutura
O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos da área de dominio 4 do nivel intermedio.
No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.
O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite as áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas.
A continuación tedes un resumo dos requisitos para participar na proba e sobre o desenvolvemento da mesma:
Requisitos para participar na proba específica:
-O alumnado deberá estar matriculado en 2º de bacharelato.
-Solicitará a súa inscrición á proba. O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.
-Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na proba con data límite 20 de febreiro, ás 23:59 horas.
No IES As Fontiñas deberás recoller, completar e entregar a túa solicitude na conserxería do centro ata o 17 de febreiro.
Aplicación da proba específica:
A aplicación proba realizarase no centro ao longo do mes de marzo de 2025.
A convocatoria de cada proba específica será única.
Información sobre a proba:
A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición desta área:
A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.
A proba específica considerarase superada ao responder correctamente, como mínimo, ao 60% das preguntas (8 preguntas).
Certificacións:
As certificacións ComDix estarán dispoñibles na Carpeta cidadá da sede electrónica da Xunta de Galicia de cada alumna ou alumno.
O alumnado recibirá a certificación ComDix a través da aplicación Abalar e estará tamén dispoñible para a súa descarga por parte dos centros educativos que a entregarán ao alumnado que o solicite a partir do remate das clases lectivas do curso escolar.
O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.
Podes acceder á convocatoria, unha demo da proba e toda a información sobre o procedemento no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.