Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, un máximo de 2.400 bolsas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2026.
Beneficiarios:
Serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:
a)
Nacer entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009.
b) Estar matriculado no curso 2025-2026 en calquera curso dalgún dos seguintes
estudos entre outros:
- Bacharelato
- Grao medio de Formación Profesional.
c) Obter no curso 2025-2026 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes nalgún dos estudos apuntados para o curso académico 2025-2026.
d) Todos os solicitantes deberán acreditar ter aprobadas todas as materias do curso 2024- 2025 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés.
Condicións:
A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza dalgunha das empresas adxudicatarias do contrato para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que se lle asigne. Os beneficiarios non poderán cambiar a empresa que lle fora asignada de maneira aleatoria, pero poderán elixir, dentro da oferta dispoñible na empresa asignada, a semana e sede na que realizarán o curso.
Presentación e tramitación de solicitudes:
A solicitude cumprimentarase mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no apartado correspondente a “Buscar Trámites”
O prazo para a presentación de solicitudes estenderase ata o día 5 de marzo de 2026 ás 15:00 horas, hora peninsular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.