sábado, 7 de febrero de 2026

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2026

 Convocanse axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2026.

Actividades de formación convocadas e requisitos de participación:

 

Período de realización:

O período de realización destas actividades comprenderá desde a segunda semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2026, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas.

O custo total de cada actividade inclúe:

  • Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores/as que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de manutención e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  •  O seguro de accidentes e de responsabilidade civil

Cuantía da axuda:  

Será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D).

 Presentación de solicitudes:  

 
A solicitude (anexo I) presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través
do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.
xunta.gal,
código de procedemento ED504B.

Prazo de presentación: 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 4 de Febreiro ata o 3 de Marzo de 2026 (incluído).

Podes acceder á orde pola que se convocan as axudas e a información complementaria (indicacións para cubrir a solicitude e guía para a presentación en sede electrónica) no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.