lunes, 23 de febrero de 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS UDC 2026

Os días 12 e 13 de marzo de 2026 en horario de tarde no Campus da Coruña levarase a cabo unha Xornada de Portas Abertas dentro do programa de actividades de divulgación para dar a coñecer a Universidade da Coruña ao estudantado de bacharelato e ciclos formativos de grao superior.

O estudante terá a oportunidade de coñecer as instalacións e os graos que se ofertan na facultade/escola na que se inscriba, e poderá interactuar co profesorado e estudantado  do centro. 

A inscrición realízase individualmente por cada estudante, será gratuita e as prazas son limitadas. 

Pódeste inscribir no seguinte enlace: https://udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/xornada-de-portas-abertas-2026/

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.