miércoles, 25 de marzo de 2026

INSTRUCIÓNS E PRAZOS PARA RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º DE BACHARELATO - CURSO 2025-2026

    Estas instrucións teñen por obxecto establecer os prazos e concretar os aspectos do procedemento que cómpre seguir na revisión no centro e, de ser o caso, a reclamación ante a Dirección Territorial das cualificacións finais outorgadas e/ou da decisión de titulación no 2º curso de bacharelato. 

CALENDARIO FINAL DE CURSO DE 2º DE BACHARELATO:

 

CONVOCATORIA ORDINARIA

Avaliación final a partir do 12 de maio de 2026

PAU 2, 3 e 4 de xuño de 2026.

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

A partir do 10 de xuño de 2026

PAU 30 de xuño, 1, e 2 de xullo de 2026.

 

 PROCEDEMENTOS:

Revisión no centro

O procedemento de revisión no centro será o establecido nos artigos 39, 40 e 41 da Orde do 26 de maio de 2023.

A alumna ou o alumno ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización,funcionamento e convivencia do centro.

No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte á comunicación da cualificación ou decisión. (Entrega de boletíns).

Para estes efectos, os prazos para solicitar a dita revisión en cada unha das convocatorias serán:

− Convocatoria ordinaria: os días 15 e 18 de maio de 2026.

− Convocatoria extraordinaria: os días 12 e 15 de xuño de 2026

Reclamación ante a dirección territorial

O procedemento de reclamación ante a Xefatura Territorial será o establecido no artigo 43 da Orde do 26 de maio de 2023.

Se tras o procedemento de revisión no centro persiste o desacordo coa cualificación final dunha materia e/ou coa decisión sobre a titulación, o alumnado ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais poderán presentar por escrito unha reclamación ante a Dirección Territorial dirixida á dirección do centro.

As solicitudes sempre deberán estar motivadas e fundamentadas na programación didáctica, na normativa e/ou na concreción curricular.

Para estes efectos, os prazos para solicitar a dita reclamación en cada unha das convocatorias serán: 

− Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2026.

− Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2026. 

CALENDARIO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS :

Convocatoria Ordinaria:

Convocatoria Extraordinaria: 

 

Pódese acceder aos documentos completos nos seguintes enlaces:

Instrución 2/2026 pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/26.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_2_2026_reclamacions_finais_sin.pdf

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación mesa etapa educativa.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230613/AnuncioG0655-290523-0004_gl.html 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.