
Publicada a Resolución pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2026-2027 do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Poderán ser beneficiarios de estas axudas:
-Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta, ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
-Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista) que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
-Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Que vaian cursar no vindeiro ano algún dos seguintes niveis educativos: Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao básico, medio ou superior entre outros.
e acrediten a necesidade específica de apoio educativo.
Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o 19 de maio de 2026 ao 11 de setembro de 2026.
As solicitudes tanto de axudas como de subsidios deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es
Incompatibilidade:
As axudas convocadas por esta Resolución serán incompatibles coas bolsas de carácter xeral convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou con calquera outras que se concedan para a mesma finalidade.
No seguinte enlace pódese acceder a información sobre condicións dos beneficiarios, tipos de axuda e como solicitala: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html#que-personas
Pódese acceder á Resolución pola que se convocan as axudas no seguinte enlace: file:///C:/Users/laurabc.FONTES/Downloads/Convocatoria%20NEAE%202026_2027%20FIRMADA-2.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.