A continuación tedes unhas instrucións facilitadas pola CIUG sobre a aplicación para a xestión do acceso ao Sistema Universitario de Galicia - NERTA
Lugar de encontro no que compartir información e ofrecer recursos á comunidade educativa
miércoles, 29 de abril de 2026
INSTRUCIÓNS PARA O PAGO DAS TAXAS PAU
Todo o alumnado que se matricule na PAU (prazo anticipado e ordinario) poderá facer o aboamento das taxas de forma telemática (mediante tarxeta bancaria)... ou de forma presencial na entidade bancaria que escollan.
Pódese consultar a documentación a aportar no caso de exencións na páxina 17 da convocatoria no seguinte enlace:
https://ciug.gal/uploads/PDF/2026/Grupos_Traballo/69c6764d4d80c401112857convocatoriapau2026.pdf
A continuación tedes unhas instrucións para facer o pago telemático:
COMISIÓN DELEGADA IES AS FONTIÑAS PAU 2026 CONVOCATORIA ORDINARIA
O estudantado matriculado na PAU será convocado para realizar as probas nunha determinada comisión delegada. As comisións delegadas reúnen estudantado de distintos centros de ensino secundario.
O alumnado do IES As Fontiñas realizará as probas na seguinte Comisión Delegada:
lunes, 27 de abril de 2026
BECAS AlUMNI UNIVERSIDADE CARLOS III DE MADRID 2026-2027

XV Convocatoria de Becas Alumni UC3M que contribuirán a sufragar gastos derivados dos estudos, dirixidas a estudantes que comencen os seus estudos de Grao o Dobre Grao na Universidade Carlos III de Madrid para o curso 2026/27.
Principais Requisitos:
- Bo expediente académico
- Escasos recursos económicos
- Comenzar estudos de Grao o Doble Grao na Universidade Carlos III de Madrid no curso 2025/26
martes, 21 de abril de 2026
MATRÍCULA ANTICIPADA PAU ALUMNADO QUE REMATA UN CICLO SUPERIOR
A continuación tedes un resumo da convocatoria ordinaria da PAU 2026 no que se recollen os prazos e procedementos a seguir para o alumnado que está a rematar un ciclo superior e co obxectivo de mellorar a súa nota de admisión á universidade vaise matricular para realizar a Fase Específica da proba.
Lembrade que debedes pasar pola secretaría do centro para solicitar que traspasen o voso expediente de Xade a Nerta antes do comenzo do período de prematrícula na PAU.
O expediente figurará como traspasado pendente de actualización ata que rematedes o ciclo. Neste momento deberedes pasar novamente pola secretaria para que confirmen en Nerta que tedes o Título de Técnico Superior.
ACCESO A ESTUDOS UNIVERSITARIOS DESDE UN CICLO SUPERIOR
As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.
No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.
Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)
NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos.
A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior.
Tendo isto en conta recóllense a continuación as seguintes consideracións sobre o acceso aos estudos universitarios oficiais de Grao no SUG para este curso:
Procedemento para mellorar a nota de admisión
miércoles, 15 de abril de 2026
SEMANA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL DA UVIGO 2026

A Univesidade de Vigo vai celebrar a Semana de Portas Abertas Virtual do 20 ao 23 de abril. Esta actividade ten como obxectivo dar a coñecer a súa oferta académica, os centros e as titulacións que ofrece a universidade.
Durante esta semana, o profesorado das diferentes titulacións realizará exposicións sobre os graos e atenderá ás cuestións do estudantado sobre os seus futuros estudos.
- Luns 20: Artes e Humanidades + Educación
- Martes 21: Xurídico-Social
- Mércores 22: Ciencias e Ciencias da Saúde
- Xoves 23: Enxeñarías
Na seguinte ligazón https://www.uvigo.gal/ven-uvigo/centros-secundaria/orientacion-academica/portas-abertas/semana-portas-abertas-virtual podes acceder ao calendario e horario no que se realizarán as conexións das diferentes titulacións.
Para participar só é necesario premer nas ligazóns indicadas e escribir o nome no apartado de alumnado unha vez accedas á sala virtual correspondente.CONVOCATORIA PROBAS LIBRES FP - CURSO 2025-2026
- Requisitos para presentarse ás probas,
- Procedemento de solicitude de praza para realizar as probas,
- Desenvolvemento das probas,
- Oferta de prazas na convocatoria 2025-2026