
A Univesidade de Vigo vai celebrar a Semana de Portas Abertas Virtual do 20 ao 23 de abril. Esta actividade ten como obxectivo dar a coñecer a súa oferta académica, os centros e as titulacións que ofrece a universidade.
Durante esta semana, o profesorado das diferentes titulacións realizará exposicións sobre os graos e atenderá ás cuestións do estudantado sobre os seus futuros estudos.
- Luns 20: Artes e Humanidades + Educación
- Martes 21: Xurídico-Social
- Mércores 22: Ciencias e Ciencias da Saúde
- Xoves 23: Enxeñarías
Na seguinte ligazón https://www.uvigo.gal/ven-uvigo/centros-secundaria/orientacion-academica/portas-abertas/semana-portas-abertas-virtual podes acceder ao calendario e horario no que se realizarán as conexións das diferentes titulacións.
Para participar só é necesario premer nas ligazóns indicadas e escribir o nome no apartado de alumnado unha vez accedas á sala virtual correspondente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.