sábado, 7 de febrero de 2026

AXUDAS PARA CURSO INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS

 Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, un máximo de 2.400 bolsas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2026.

Beneficiarios:

Serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

a) Nacer entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009.
b) Estar matriculado no curso 2025-2026 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos entre outros:

- Bacharelato

 - Grao medio de Formación Profesional.

c) Obter no curso 2025-2026 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes nalgún dos estudos apuntados para o curso académico 2025-2026.

d) Todos os solicitantes deberán acreditar ter aprobadas todas as materias do curso 2024- 2025 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés.

Condicións: 

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza dalgunha das empresas adxudicatarias do contrato para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que se lle asigne. Os beneficiarios non poderán cambiar a empresa que lle fora asignada de maneira aleatoria, pero poderán elixir, dentro da oferta dispoñible na empresa asignada, a semana e sede na que realizarán o curso.

Presentación e tramitación de solicitudes:

A solicitude cumprimentarase mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no apartado correspondente a “Buscar Trámites”

O prazo para a presentación de solicitudes estenderase ata o día 5 de marzo de 2026 ás 15:00 horas, hora peninsular.

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2026

 Convocanse axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2026.

Actividades de formación convocadas e requisitos de participación:

 

lunes, 2 de febrero de 2026

A AVALIACIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS ( Modalidade Ordinaria)

 A continuación tedes unha presentación na que se recollen algúns aspectos importantes relativos ao desenvolvemento e avaliación nos ciclos formativos na oferta ordinaria: 

  • Avaliación e promoción no 1º curso. Calendario.
  • Perda do dereito á avaliación continua (PD). Avaliación.
  • Avaliación e titulación no 2º curso. Calendario.
  • Fase de Formación na empresa.
  • Proxecto intermodular.
  • Recuperación de módulos non superados.
  • Avaliación da Formación na empresa.
  • Aprazamento da Formación na empresa.
  • PD no 2º curso. Avaliación.
  • Avaliación final de módulos.
  • Convocatorias e permanencia nun ciclo.

martes, 20 de enero de 2026

RECURSO PARA A ORIENTACIÓN PROFESIONAL. OFERTA DE TÍTULOS 2025-2026

 

Na páxina web de formación profesional tedes a vosa disposición como recurso para a orientación mapas nos que se recolle a oferta de formación profesional en Galicia ordenada por familias profesionais e por provincias e concellos.

 Ofertas por familia profesionalOferta por provincia e concello

viernes, 16 de enero de 2026

FAMILIAS PROFESIONAIS E TITULOS DE FP DE GRAO MEDIO

A continuación tedes un cadro resumo das familias profesionais e a oferta de títulos de ciclos formativos de grao medio que se está a impartir actualmente.

 

No seguinte enlace accederás aos folletos informativos de cada familia profesional nos que atoparás sos distintos títulos de grao básico, medio e superior que a forman e  información concreta sobre cada un deles:

  • Duración.
  • Que se aprende a facer?
  • En que ámbitos se traballa?
  • Que ocupacións se desempeñan?
  • Título que se obtén.
  • Módulos profesionais que se imaprten no ciclo. 

martes, 13 de enero de 2026

HORARIO CONVOCATORIA ORDINARIA - PAU 2026

A CIUG publica as datas e horario no que se desenvolverán as PAU na convocatoria ordinaria 2026.
As datas de exame serán os días 2, 3 e 4 de Xuño.
O horario de realización das diferentes probas será o seguinte: 

miércoles, 10 de diciembre de 2025

A FPB. Xeneralidades e avaliación

A continuación recóllese unha presentación na que se resumen aspectos relativos ao desenvolvemento da FPB, á avaliación e á obrigatoriedade na asistencia nos ciclos formativos de grao básico: 

  • Xeneralidades sobre a FPB.
  • Avaliación no 1º curso. Calendario.
  • Condicións de promoción.
  • Perda do dereito á avaliación continua. 
  • Avaliación no 2º curso. Calendario
  • Proxecto intermodular.
  • Recuperación de módulos non superados. 
  • Avaliación da Formación na empresa.
  • Aprazamento da Formación na empresa.
  • PD no 2º curso. Avaliación 
  • Titulación. 
  • Convocatorias e permanencia.
  • Baixa de oficio.

NOTAS DE CORTE DOS TRES ÚLTIMOS ANOS

 A CIUG acaba de publicar as notas de corte das titulacións do SUG ao longo destes tres últimos cursos: