miércoles, 25 de marzo de 2026

INSTRUCIÓNS E PRAZOS PARA RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º DE BACHARELATO - CURSO 2025-2026

    Estas instrucións teñen por obxecto establecer os prazos e concretar os aspectos do procedemento que cómpre seguir na revisión no centro e, de ser o caso, a reclamación ante a Dirección Territorial das cualificacións finais outorgadas e/ou da decisión de titulación no 2º curso de bacharelato. 

CALENDARIO FINAL DE CURSO DE 2º DE BACHARELATO:

INSTRUCIÓNS E PRAZOS PARA A RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 1º DE BACHARELATO - CURSO 2025-2026

Estas instrucións teñen por obxecto establecer os prazos e concretar os aspectos do procedemento que cómpre seguir na revisión no centro e, de ser o caso, a reclamación ante a Dirección Territorial das cualificacións finais outorgadas no 1º curso de bacharelato.

PROCEDEMENTOS:

martes, 24 de marzo de 2026

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC 2026

 Inicio

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará "Encontros Virtuais na Zona USC" os días 13 e 14 de abril. Os mesmos teñen como obxectivo que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior.

A páxina de acceso ós encontros, na que se está a actualizar a información é a seguinte:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais   

Para cada estudo de Grao haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa.

Ademais das videoconferencias dos Graos poderán conectarse coa Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias, ou obter información sobre oproceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia.

VISITAS GUIADAS A ESAD MESTRE MATEO 2026

 EASD Mestre Mateo (@MestreMateo) - Información | Facebook

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, , centro público dependente da Consellería de Educación, ofrece o xoves 26 de marzo pola tarde visitas guiadas e charla informativa sobre o acceso aos estudos. O obxectivo é que o futuro alumnado poida coñecer a escola e as ensinanzas que nela se imparten.

Actualmente estanse a ofertar as seguintes ensinanzas:

viernes, 20 de marzo de 2026

PROBAS DE APTITUDE PARA O ACCESO AO GRAO CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPAROTE. UVIGO CURSO 2026-2027

 Profesorado de la UVigo - Máster en Economía

Convocadas as probas de aptitudes específicas para o acceso ao grao de ciencias da actividade física e do deporte, na universidade de Vigo, para o curso 2026-2027.

Quedan eximidos da realización das probas:

  • Quen teña superadas as probas no ano anterior á convocatoria na Universidade de Vigo. 
  • Recoñeceranse as probas físicas de acceso superadas de calquera universidade española. É dicir, poderá acceder quen superase as probas específicas de acceso en calquera facultade do sistema universitario español durante o ano natural  
  • Persoas que se acrediten como deportista de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma.

Calendario do proocedemento:

jueves, 12 de marzo de 2026

CADERNO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

 No seguinte caderno atoparás unha recopilación de información que 
pode ser de axuda na toma de decisión do teu futuro académico:

  • Información sobre a etapa do bacharelato ( avaliación, materias do 2º curso...)
  • Proba de acceso á universidade.
  • A formación profesional de grao superior ( en que consiste a FP, oferta de títulos, proceso de admisión...)
  • Estudos universitarios ( oferta de estudos no SUG, notas de corte, procedemento de solicitude, admisión e matrícula...)

lunes, 9 de marzo de 2026

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO - CONVOCATORIA 2026

 Acábase de publicar a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para este ano 2026.

Poderá presentarse quen non posúa os requisitos de acceso directo e teña dazasete anos cumpridos ou os cumpra no ano 2026.

A continuación tes un resumo das características a proba:

PROBA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR - CONVOCATORIA 2026

Acábase de publicar a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para este ano 2026.

Poderá presentarse quen non posúa os requisitos de acceso directo e teña dazanove anos cumpridos ou os cumpra no ano 2026.

A continuación tes un resumo das características a proba:

lunes, 2 de marzo de 2026

PROBAS DE APTITUDE PARA O ACCESO AO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE. UDC - CURSO 2026-2027

U-Ranking - Universidade da Coruña - es

Covocadas as probas de aptitudes específicas para o acceso ao Grao de  Ciencias da actividade física e do deporte da Universidade da Coruña, para o curso 2026-2027:

Haberá dous prazos de matrícula e dúas oportunidades para presentarse á proba. No caso de matricularse e presentarse na primeira oportunidade e non superala dará dereito á presentación na segunda inscribíndose novamente.

O "apto" nestas probas específicas de acceso (nas Universidades de Coruña e Vigo) desta convocatoria terá válidez para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade da Coruña no curso académico 2026-2027, mantendo a súa vixencia para os 2 cursos seguintes.

Prazos de matrícula: 

INEF CARTEL PROBAS 26 27