A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, , centro público dependente da Consellería de Educación, ofrece o xoves 26 de marzo pola tarde visitas guiadas e charla informativa sobre o acceso aos estudos. O obxectivo é que o futuro alumnado poida coñecer a escola e as ensinanzas que nela se imparten.
Actualmente estanse a ofertar as seguintes ensinanzas:
- Grao en Ensinanzas Artísticas e Superiores de Deseño en Deseño de Moda.
- Grao en Ensinanzas Artísticas e Superiores de Deseño en Deseño de Produto. Itinerario Xeral.
- Grao en Ensinanzas Artísticas e Superiores de Deseño en Deseño de Produto. Itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Fotografía.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Técnicas Escultóricas.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Xoiaría Artística.
As visitas están deseñadas para que o alumnado de Secundaria e Bacharelato poida visualizar o seu futuro profesional e resolver dúbidas sobre o acceso e as probas específicas de cada especialidade.
Desde a Escola habilitan unha aplicación para anotarse e RESERVAR HORARIO que mellor lle veña ao alumnado e familias interesadas
https://easd.es/xornada-de-portas-abertas-2026/
Notas aclaratorias para cubrir o FORMULARIO:
- É suficiente con cumprimentar nome e apelidos, enderezo e nº de convites.
- O formulario permite unicamente facer reservas para 2 persoas, pero é válido tamén para 3 persoas. A información e soamente orientativa par evitar masificacións nas visitas e poder organizar os grupos do xeito máis eficiente posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.