A Universidade de Santiago de Compostela celebrará "Encontros Virtuais na Zona USC" os días 13 e 14 de abril. Os mesmos teñen como obxectivo que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior.
A páxina de acceso ós encontros, na que se está a actualizar a información é a seguinte:
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Para cada estudo de Grao haberá unha ligazón a unha
videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida
por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas
intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que
intervir necesariamente se non o desexa.
Ademais das videoconferencias dos Graos poderán conectarse coa Oficina
de Información Universitaria, o Servizo de Residencias, ou obter información sobre oproceso de
Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.