Publícanse as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional de grao medio entre outras.
Acreditación do alumnado de ciclo medio:
A obtención do título de ciclo medio acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
Podes consultar as áreas e competencias recollidas no Marco no seguinte enlace:
https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl/marco-galego/estrutura
Acreditación por superar unha proba e obter unha titulación:
Poderá acreditar o nivel intermedio o alumnado que supere unha proba específica da área de dominio 4 e obteña o Título de técnico no curso 2025-2026. Neste caso recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.
O alumnado que non acredite de forma completa o nivel intermedio recibirá de oficio unha certificación do nivel de aptitude nas áreas de dominio superadas.
A continuación tedes un resumo do procedemento para participar na proba, desenvolvemento da mesma e material de consulta e demostración da proba:
