Publícanse as instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario ensinanzas de bacharelato entre outras.
Acreditación do alumnado de bacharelato:
A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
Podes consultar as áreas e competencias recollidas no Marco no seguinte enlace:
https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl/marco-galego/estrutura
O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos da área de dominio 4 do nivel intermedio.
No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.
O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite as áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas.
A continuación tedes un resumo dos requisitos para participar na proba e sobre o desenvolvemento da mesma: