miércoles, 20 de mayo de 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: "COÑECE A USC" 2026

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 12 de xuño en Santiago e 12 e 13 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”

Están dirixidas principalmente ao estudantado que vaia a entrar na Universidade o curso que ven para que poidan achegarse ás titulacións de Grao que lle poidan interesar. 

Na seguinte ligazón podedes atopar unha taboa con toda a oferta de titulacións que abren as súas portas e os seus horarios: https://www.usc.gal/aponte/xornadas-portas-abertas-conece-usc 

Os interesados/as deberán inscribirse mediante un formulario  seleccionando as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros nos que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.

O prazo de inscrición rematará o mércores 10 de xuño ás 14 horas. 

Podes acceder ao formulario de inscrición no seguinte enlace:

https://forms.office.com/e/T1wJzGQdwm 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.