Este blogue nace co obxectivo de facer chegar ao alumnado e as súas familias información educativa do seu interés.
Considerando
este un bo recurso para difundir información relevante para a comunidade
educativa, publicaranse novas e contidos
de interés coa finalidade de que poida ser utilizado como canle de transmisión entre o
departamento de orientación e o alumnado e as súas familias. e como fonte de
consulta para estes.
Como consultar este blogue:
- Nas distintas pestanas de cada etapa terás información de interés para esa etapa educativa.
- Nas pestanas "PAU" e "Universidade" podes atopar información relativa a: acceso, admisión e estudos universitarios.
- A pestana "Recursos de orientación" ofrece ligazóns a cuestionarios para a autoorientación, vídeos de orientación profesional e outros recursos de interese.
- A pestana “Becas e axudas” atoparás información sobre convocatorias de becas, cursos...
Desde o Departamento de Orientación convidámosvos a consultar a información que se irá publicando neste blogue e facer chegar ao departamento as suxestións que consideredes de interés para vós e polo tanto para nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.