Na páxina web de formación profesional tedes a vosa disposición como recurso para a orientación mapas nos que se recolle a oferta de formación profesional en Galicia ordenada por familias profesionais e por provincias e concellos.
Lugar de encontro no que compartir información e ofrecer recursos á comunidade educativa
Na páxina web de formación profesional tedes a vosa disposición como recurso para a orientación mapas nos que se recolle a oferta de formación profesional en Galicia ordenada por familias profesionais e por provincias e concellos.
A continuación tedes un cadro resumo das familias profesionais e a oferta de títulos de ciclos formativos de grao medio que se está a impartir actualmente.
No seguinte enlace accederás aos folletos informativos de cada familia profesional nos que atoparás sos distintos títulos de grao básico, medio e superior que a forman e información concreta sobre cada un deles:
A continuación recóllese unha presentación na que se resumen aspectos relativos ao desenvolvemento da FPB, á avaliación e á obrigatoriedade na asistencia nos ciclos formativos de grao básico:
A CIUG acaba de publicar as notas de corte das titulacións do SUG ao longo destes tres últimos cursos:
Ao rematar un ciclo formativo de grao superior poderás acceder a calquera título de grao das ensinanzas universitarias de modo directo, sen necesidade de proba.
Se o título universitario tivera limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
Unha vez admitido e matriculado poderás solicitar o recoñecemento directo de créditos cursados nos estudios universitarios oficiais de grao que comenzas. Para facer efectivo este recoñecemento terás que facer unha solicitude na facultade.
A continuación tedes o Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios, onde se recollen as validacións recoñecidas en cada facultade para os Titulados dun ciclo formativo de grao superior de FP.