A Univesidade de Vigo vai celebrar a II Semana de Portas Abertas Virtual do 9 ao 13 de xuño. Esta actividade ten como obxectivo dar a coñecer a súa oferta académica, os centros e as titulacións que ofrece a universidade.
Durante esta semana, o profesorado das diferentes titulacións realizará exposicións sobre os graos e atenderá ás cuestións do estudantado sobre os seus futuros estudos.
Na seguinte ligazón https://www.uvigo.gal/ven-uvigo/centros-secundaria/orientacion-academica/portas-abertas/semana-portas-abertas-virtual podes acceder ao calendario e horario no que se realizarán as conexións das diferentes titulacións.
Para participar só é necesario premer nas ligazóns indicadas e escribir o nome no apartado de alumnado unha vez accedas á sala virtual correspondente.