domingo, 30 de noviembre de 2025

VALIDACIÓNS DE CS A ESTUDOS UNIVERSITARIOS

Ao rematar un ciclo formativo de grao superior poderás acceder a calquera título de grao das ensinanzas universitarias de modo directo, sen necesidade de proba.

Se o título universitario tivera limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Unha vez admitido e matriculado poderás solicitar o recoñecemento directo de créditos cursados nos estudios universitarios oficiais de grao que comenzas. Para facer efectivo este recoñecemento terás que facer unha solicitude na facultade. 

A continuación tedes o Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios, onde se recollen as validacións recoñecidas en cada facultade para os Titulados dun ciclo formativo de grao superior de FP. 

SOBRE O ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE FP

  • Video elaborado pola Universidade de Vigo para explicar o sistema de acceso ós títulos de grao desde un ciclo superior e o proceso de solicitude, matrícula e validación de créditos cursados no ciclo
https://tv.uvigo.es/video/5b5b4d1a8f42087c570abbfc 
  • Presentación da charla do Departamento de Orientación sobre "O acceso á Universidade desde a FP" con algunhas indicacións a ter en conta sobre o procedimiento a seguir para a matrícula na PAU e a solicitude de praza (preinscripción) e matrícula na universidade para o alumnado que posúe un Título de Técnico Superior de formación profesional.

Salón de Orientación Universitaria - UNITOUR 2025

UNITOUR 

UNITOUR é un Salón de Orientación Universitaria que se celebra en A Coruña.
Pódese acceder á mostra só ou en familia. 
O acceso é gratuíto pero todos os asistentes deben rexistrarse online.
Poderás acudir o martes 16 de decembro de 2025 no Palacio de Congresos PALEXCO no horario de 16:00 a 17:30h
Para reservar a túa praza accede a : https://www.unitour.es/inscripcion-online/la-coruna