lunes, 17 de febrero de 2025

MODALIDADES E ITINERARIOS NO BACHARELATO - IES AS FONTIÑAS CURSO 2025-2026

A continuación tedes as modalidades e itinerarios educativos coa oferta de materias que se poden cursar nos dous cursos de Bacharelato no IES As Fontiñas no vindeiro ano académico 2025-2026:

CADERNO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA BACHARELATO

 No seguinte caderno atoparás unha recopilación de información que 
pode ser de axuda na toma de decisión do teu futuro académico:

  • Información sobre a etapa do bacharelato ( avaliación, materias do 2º curso...)
  • Proba de acceso á universidade.
  • A formación profesional de grao superior ( en que consiste a FP, oferta de títulos, proceso de admisión...)
  • Estudos universitarios ( oferta de estudos no SUG, notas de corte, procedemento de solicitude, admisión e matrícula...)

domingo, 16 de febrero de 2025

TABOA DE PONDERACIÓNS - COVOCATORIA PAU 2026

As seguintes taboas recollen os parámetros de ponderación aprobados para a Convocatoria das PAU 2026 para o acceso a estudos universitarios no curso 2026-2027.

(son as que ten que ter en conta o alumnado que está a cursar 1º de Bacharelato este ano e que realizará a PAU na convocatoria de 2026)

sábado, 15 de febrero de 2025

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO - CONVOCATORIA 2025

 Acábase de publicar a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para este ano 2025.

Poderá presentarse quen non posúa os requisitos de acceso directo e teña dazasete anos cumpridos ou os cumpra no ano 2025.

A continuación tes un resumo das características a proba:

PROBA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR - CONVOCATORIA 2025

Acábase de publicar a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para este ano 2025.

Poderá presentarse quen non posúa os requisitos de acceso directo e teña dazanove anos cumpridos ou os cumpra no ano 2025.

A continuación tes un resumo das características a proba:

martes, 11 de febrero de 2025

ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO: OFERTA DE TITULACIÓNS E CONDICIÓNS DE ACCESO

Os Estudos Superiores de Deseño teñen unha duración de catro cursos académicos (260 créditos).

Impártense nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño. A continuación recóllese a oferta de titulacións e especialidades nas distintas escolas en Galicia, así como os requisitos de acceso e o procedemento de solicitude.

ITINERARIOS EDUCATIVOS AO REMATE DO CS (ALUMNADO DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL)

-Video elaborado pola Universidade de Vigo para explicar o sistema de acceso ós títulos de grao desde un ciclo superior e o proceso de solicitude, matrícula e validación de créditos cursados no ciclo.

Podes acceder no seguinte enlace: https://tv.uvigo.es/video/5b5b4d1a8f42087c570abbfc 

-Presentación da charla de orientación sobre "Opcións educativas ao remate do ciclo formativo". Está dirixida máis específicamente ao alumnado da Familia Profesional de Edificación e obra civil.

domingo, 9 de febrero de 2025

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL ALUMNADO 2º BACHARELATO CURSO 2024-2025

 ComDix: Plataforma de certificación en el Marco Gallego de Competencias  Digitales

 

 

 

Publícanse as instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario a etapa de bacharelato entre outras.

Acreditación do alumnado de bacharelato:

A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

Podes consultar as áreas e competencias recollidas no Marco no seguinte enlace:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl/marco-galego/estrutura

O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos da área de dominio 4 do nivel intermedio.

No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite as áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas.

A continuación tedes un resumo dos requisitos para participar na proba e sobre o desenvolvemento da mesma:

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2025

 Convocanse axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2025.

Actividades de formación convocadas: