martes, 15 de octubre de 2024

QUE ESTUDAR E ONDE...

 

A aplicación "qué estudiar y dónde en la Universidad" do Ministerio de Educación y Formación Profesional facilita ós estudantes que queren acceder ás universidades españolas información sobre as distintas titulacións que se ofertan por ámbitos e onde cursalas.

Podes acceder a través do siguiente enlace:

 

 

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES EN GALICIA DA VOZ DE GALICIA

A Voz de Galicia publica anualmente unha guía de estudos superiores na que se informa da oferta de estudos superiores universitarios, de formación profesional e outras opcións de formación organizados por ramas de coñecemento: artes, humanidades, ciencias sociais e ciencias.

 
Tamén conta cun buscador no que poderás obter información de cada titulación (descripción dos estudos, centros onde se imparten, condicións de acceso, notas de corte, saídas profesionais...)
 
 Podes acceder ao buscador desde o seguinte enlace:
 
 Mónica Diz Orienta: Guía de estudios superiores 2020 en La Voz de ...

DECIDE O TEU ITINERARIO

 Ministerio de Educación y Formación Profesional

Ferramenta do Ministerio de educación, formación profesional e deportes coa que introducindo a túa idade, nivel de estudos e intereses poderás coñecer os ciclos formativos que mellor se adaptan a ti.

Preme na imaxe para acceder á páxina:

UNISCOPIO. GUÍA - BUSCADOR DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS

 

É unha plataforma educativa gratuita de orientación sobre estudos universitarios a nivel nacional.

 Nela poderás obter información sobre:
  • Universidades de España: Características, oferta de titulacións...
  • Enlaces a información sobre os distintos graos: descrición do título, plan de estudos, saídas profesionais.
  • Buscador de residencias universitarias.
Podes acceder  a través do siguinte enlace:
https://uniscopio.com/

 

TEST DE ORIENTACIÓN: "GRAN RECORRIDO POLO MUNDO DOS ESTUDOS E PROFESIÓNS"

Educaweb é un portal de educación, formación e orientación académica yeprofesional. Conta cunha sección de orientación na que atopamos o GR (Gran recorrido polo mundo dos estudos e profesións).
Trátase dunha ferramenta que permite analizar os intereses profesionais, aptitudes e habilidades, valores ocupacionais (os que consideras máis importantes no traballo) coa finalidade de entender mellor como es e facerte reflexionar sobre o que queres facer, para determinar que estudos ou ocupacións poden ser máis interesantes para ti.

Podes acceder a través do seguinte enlace:
 https://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/