martes, 9 de junio de 2026

ADMISIÓN EN FP - CURSO 2026-2027 OFERTA ORDINARIA

No seguinte documento tedes un resumo da información sobre o proceso de admisión e matrícula nos ciclos formativos de grao medio e superior na oferta ordinaria:
  • Presentación de solicitudes ( procedemento, documentación, distribución de prazas)
  • Resolución de solicitudes.
  • Adxudicación de praza e procedemento de matrícula.
  • Matrícula simultánea.
  • Calendario do proceso.

lunes, 8 de junio de 2026

FP DUAL INTENSIVA - CURSO 2026-2027

Ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividades formativa e laboral nunha empresa coa formación no centro educativo. Está organizada en proxectos formativos específicos que poden ter duración de un a tres cursos e combinar varias titulacións completas ou parciais. 

No seguinte enlace atoparás unha guía coas instrucións sobre:

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISION EN FP - CURSO 2026--2027

Calendario do proceso de admisión e matrícula en FP na oferta ordinaria e modular:

 

Podes consultar toda a información sobre o proceso no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-26-27 

 


martes, 2 de junio de 2026

PRAZOS DE MATRÍCULA NO SUG - CURSO 2026-2027

Para cada chamamento establécense dous días de matrícula (desde as 00.00h do primeiro día ata as 23:59h do segundo día de acordo co seguinte calendario:

Podes consultar a convocatoria do procedemento na páxina da CIUG na seguinte ligazón:

https://ciug.gal/uploads/PDF/2026/Acceso/6a1d5ebe5468f491701522convocatoriapreinscricion2026.pdf 

 

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE O ACCESO Á UNIVERSIDADE

CIUG 

No seguinte enlace tedes un listado de preguntas frecuentes publicado pola CIUG que pode ser de utilidade para resolver dúbidas sobre acceso ás universidades no SUG: https://ciug.gal/faq-acceso

 

martes, 12 de mayo de 2026

ESTUDOS DE FP NAS DISTINTAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

 Webs de FP de las CCAA 

A oferta educativa de Formación Profesional depende de cada Comunidade Autónoma. Cada territorio ten as competencias acerca de: 

• Os títulos de FP que se imparten. 

• As datas de inscrición e matrícula.

• O proceso de admisión de alumnado. 

No seguinte enlace poderás atopar información sobre estes aspectos nas distintas Comunidades:

https://todofp.es/como-cuando-y-donde-estudiar.html 

DECIDE O TEU ITINERARIO - DECIDE FP

 DecideFP é unha ferramenta sinxela que te axuda a explorar que estudos de Formación Profesional 

encaixan mellor contigo. 

Só tes que introducir a túa idade, o teu nivel de estudos e os teus intereses, e a aplicación mostrarache ciclos formativos recomendados e posibles itinerarios profesionais relacionados co teu perfil. Tamén conta cun test vocacional.

É un recurso útil se non tes claro que estudar ou se queres orientar a túa carreira cara a novas oportunidades de formación e emprego.

 

Se queres iniciar estudos de FP podes informarte nesta ligazón:

https://www.todofp.es/decidefp/datos-iniciales 

 

viernes, 8 de mayo de 2026

PERFÍS PROFESIONAIS DOS CICLOS FORMATIVOS

 Logotipo de TodoFP

Se che interesan varios ciclos formativos, coñece en que podes traballar estudando cada un deles. Aquí poderás atopar as ocupacións para as que capacita cada título de formación profesional organizado por familias profesionais.

https://todofp.es/orientacion-profesional/notengoclaroqueestudiar/perfiles-profesionales.html