Os vindeiros días mércores 9 e xoves de 10 de abril celebrarase na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela unha XORNADAS DE PORTAS ABERTAS EASDMM 2025, con visitas guiadas ás instalacións e charla informativa sobre as ensinanzas que se imparten.
Desde a Escola habilítase unha aplicación para anotarse e RESERVAR DÍA E HORARIO que mellor veña ao alumnado e familias interesadas:
- MÉRCORES 9 DE ABRIL:
- XOVES 10 DE ABRIL:
Notas aclaratorias para cubrir o FORMULARIO:
- É suficiente con cumprimentar nome e apelidos, enderezo e nº de convites.
- O formulario permite unicamente facer reservas para 2 persoas, pero é válido tamén para 3 persoas. A información e soamente orientativa para evitar masificacións nas visitas.
FORMACIÓN IMPARTIDA NA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO MESTRE MATEO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:
- Grao en Ensinanzas Artísticas e Superiores de Deseño en Deseño de Moda.
- Grao en Ensinanzas Artísticas e Superiores de Deseño en Deseño de Produto. Itinerario Xeral.
- Grao en Ensinanzas Artísticas e Superiores de Deseño en Deseño de Produto. Itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Fotografía.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Técnicas Escultóricas.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Xoiaría Artística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.