Os Estudos Superiores de Deseño teñen unha duración de catro cursos académicos (260 créditos).
Impártense nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño. A continuación recóllese a oferta de titulacións e especialidades nas distintas escolas en Galicia, así como os requisitos de acceso e o procedemento de solicitude.
(Picando no nome de cada Escola podes acceder á súa páxina web)
CENTRO EDUCATIVO |
ESPECIALIDADE |
Escola de Arte e Superior de Deseño (Ourense) |
GRÁFICO Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Gráfico |
INTERIORES Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Interiores |
|
Escola de Arte e Superior de Deseño (Santiago de Compostela) |
MODA Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Moda |
PRODUTO Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Produto |
|
Escola de Arte e Superior de Deseño (A Coruña) |
GRÁFICO Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Gráfico |
INTERIORES Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Interiores |
|
Escola de Arte e Superior de Deseño (Lugo) |
GRÁFICO Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Gráfico |
INTERIORES Título
de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
na especialidade de Interiores |
Requisitos para o acceso:
1ºAcadémicos:
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
-Título de Bacharelato. Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel.
-Título universitario.
-Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
-Estar en posesión dun Título de ensinanzas artísticas superiores.
-Estar en posesión dun Título de técnico superior.
-Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos susperar unha proba de acceso (Proba substitutiva dos requisitos de titulación).
2º Superar unha Proba específica de aptitudes:
Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos.
Terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos.
A superación da proba específica de acceso faculta, unicamente, para matricularse no ano académico para o que a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas.
As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia.
Características da proba específica de acceso.
Constará de dúas partes:
• 1ª parte: durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado, as persoas aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder a/as cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
O tribunal valorará:
– A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
– A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
– O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico
A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.
• 2ª parte. As persoas aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas:
– 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
– 2º exercicio: debuxo a man alzada do modelo do exercicio anterior.
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.
Cualificación da proba específica:
Nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das partes, expresada con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.
No seguinte enlace podes acceder a un modelo de proba:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/acce._eessd.pdf
Para máis información sobre os distintos estudos consulta a Guía de Titulacións das Escolas de Arte e Superiores de Deseño onde atoparás información sobre os distintos graos, plans de estudos, saídas profesionais...
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia-reasdg_28-01-2025.pdf
Procedemento de inscrición nas probas:
Prazo comprendido entre o 26 de abril e o 21 de maio de 2024 para o acceso ao curso 24-25.
Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365
Na solicitude de inscrición deberase indicar a especialidade, e itinerario cando proceda, que se desexa cursar, así como a escola de arte e superior de deseño a que se desexa acceder, por orde de preferencia ata un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán sinalar nesta solicitude o centro educativo en que se seleccione realizar as probas específicas.
Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude:
a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte.
b) Xustificante do aboamento dos prezos públicos (64 euros)
c) Documentación académica segundo proceda.
Á espera da publicación das datas para o vindeiro curso, a continuación tedes a modo orientativo o calendario coas datas importantes para o acceso e admisión no curso 2024-2025.
A información sobre esta convocatoria pódese consultar completa na RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25. que podes atopar no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0761-170424-0001_gl.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.